top of page
Asubío
O mesmo día que aprendemos a facer o carro de nabo, Lisardo (veciño de Naraío) aprendeunos a facer asubíos. Trouxo xa algún feito para que fósemos probando.
Mostrounos como hai que dar os cortes nun garabullo ...
... e como hai que golpear a casca coa cacha da navalla para poder desprendela e continuar co traballo.
E damos fe de que soaban !(facendo clic nesta imaxe accededes a un vídeo).
Xa para rematar, unha imaxe de diferentes asubíos que quedaron para a nosa mostra de enredos.
bottom of page