top of page
Carro de nabo
O martes 12 de maio tivemos a visita de Celsa, Gelis e Purita, que aprendéronos a facer un carro de nabo.
Trouxeron feito un de mostra, e explicaron que non estaba feito con nabo senón con remolacha, porque seica agora o nabo bótase pouco.
Despois de nos aprender como se chaman as diferentes partes dun carro de vacas, para que se usaba, e por que a rapazada de antes os reproducía como xoguetes .....
Foi o turno da rapazada de 3º de Primaria de montar os seus carros.
E para a lembranza, aí queda unha foto de grupo.
(E non esquecemos que quedastes en volver para aprendernos a facer bonecas con folla de millo cando sexa o tempo).
bottom of page